Hoxe, POR FIN, empezamos no instituto. Presentáronnos a un montón de profes e ao director e a verdade é que todo o mundo foi moi amable. Asignáronnos a cada un co seu xefe de departamento. A miña xefa é de orixe checa (aínda ten algo de acento) e unha forma de ser digamos que "peculiar". Dende logo non segue as normas que nos dixeron onte sobre como se dirixen os profes aquí aos seus alumnos. Por poñer un exemplo, unha das alumnas do grao 12 (2ºBacharelato) non vía unha cousa de simetría na gráfica dunha función e díxolle á profe que para ela era igual que nun caso previo. A resposta da profe foi preguntarlle se estaba enganchada ao crack, co que todos riron e ao final non pasou nada. En fin, todo un personaxe.
Hoxe estiven toda a mañá con ela (dúas clases completas e parte doutra). As clases aquí (chamadas periods) duran 76 minutos seguidos e os rapaces teñen catro na mañá: dous seguidos cun descanso de 4 minutos no medio para que cambien de aula, unha hora para comer (ás 11:40, nin máis nin menos) e dous períodos máis. É dicir, só teñen catro asignaturas ao día e todos os días teñen as mesmas catro durante un semestre; noutro semestre teñen outras catro materias e iso é todo. Pero estoume enrollando; dicía que fun a dúas clases e ao final doutra (dúas dos rapaces maiores e unha dos pequenos, o noso 3º de ESO). Estiven observando o que facían e a primeira impresión, deixando de lado os contidos que tratan (coma os nosos), é que a disciplina é moito máis relaxada que nos nosos centros. Vamos, que eu non lle pasaría nin pola metade do que lle consisten aquí, aínda que, claro, é o seu país e alá eles. E foi un comentario xeralizado de todos os do grupo.
Maña falarei a ver se me deixan facer na clase algo máis que observar. Hoxe miraba o que facían os alumnos e custábame estar calado e non irlle dando indicacións ou corrixir algunha cousa nos exercicios de cada un como fago habitualmente. A ver se me deixan desempeñar un papel máis activo e quizais cara o final incluso dar algunha clase.
De todos os xeitos non vou estar con ela todos os días. Parece ser que poderemos ir con outros profes do departamento e incluso con profes doutras materias. Por exemplo, a unha clase de inmersión en francés de xeografía ou historia; ata este curso tamén as tiñan en mate, pero desgraciadamente xa non. Pode ser interesante ver como tratan esas materias con alumnos que non teñen ese idioma como primeira lingua, de feito é o que se supón que estamos facendo nós coas seccións bilingües (coa "pequena" diferenza que a maioría dos alumnos de aquí levan coa inmersión en francés en diferentes materias dende a primaria). Pero ben, seguro que resulta interesante.
No plano lúdico, pola tarde leváronnos á Galería Nacional e resultou mellor do que eu esperaba, aínda que só me deu tempo a botarlle un ollo (tres horas) ás sás de pintura europea do XVII ao XIX. Terei que volver a ver se podo ver algo de pintura canadiana. Por certo, o cadro que nos sorprendeu a todos foi este do Bosco.
Mañá volvo ao insti e o sábado marchamos de fin de semana a Kingston e o parque das Mil Illas. Xa irei contando. E con todo isto xa levamos unha semana por aquí.
quinta-feira, 30 de setembro de 2010
Primeiro día de escola
quarta-feira, 29 de setembro de 2010
The Canadian way of life (I)
Vamos cunhas primeiras impresións do día a día neste país:
- O primeiro ao que costa afacerse son os horarios: comemos ás doce e media (un sandwich e no traballo!) e ceamos na casa ás seis e media da tarde bastante máis contundentemente.
- O sistema de transporte público é moi bo. Hai buses a casi todos os lados e bastante frecuentemente. A nós déronnos un pase para todo o mes que che permite ir en todos e nalgúns non tes nin que ensinarllo ao conductor. Nos buses grandes, con moitos viaxeiros podes entrar por atrás e ninguén che pide nada. Non podo imaxinar este sistema funcionando alá; a metade do persoal acabaríase colando.
- Ademais todo o mundo vai calado nos buses. De feito o sábado á mañá cando subín a un bus para encontrarme co resto do grupo, todo o mundo ía calado menos un grupiño no medio: resultaron tres do meu grupo que ían no mesmo bus.
- Eufemismos. Hoxe tivemos unha clase dedicada exclusivamente ás cousas que podes ou non dicir directamente. Por exemplo, como profes non podemos dicirlle a un alumno: Cala! senón que hai que pedirlle que deixe de molestar; non podes dicirlle que fixo algo mal, senón que ten que intentar facelo mellor. E fóra da aula, non lle podes dicir a alguén que está gordo ou que alguén é vello; hai que usar todo tipo de substitutos desas palabras. It's just crazy!

terça-feira, 28 de setembro de 2010
Empezamos a traballar
Tampouco moito, non é cousa de que nos dea un "algo" por falta de costume, pero con todo hoxe tivemos un obradoiro (un!) sobre o traballo co inglés como segunda lingua. Quen o daba era unha profesora que traballa cos alumnos recén chegados a Canadá e que non teñen o inglés como primeira lingua. A min polo menos doume un par de ideas, aínda que sinceramente foi demasiado curto.
Isto todo foi despois de comer. O de antes foi basicamente unha perda de tempo. Realmente xa me tarda empezar a ir ao instituto e ir as clases co profe e os alumnos de aquí, que espero que resulte produtivo.
Pola tarde intentei ir á piscina, pero resulta que o sistema canadense de piscinas non resulta nada práctico para os que pretendemos nadar por libre. Teñen en todo o día quizais un par de ocos para nós e de xeito moi irregular (unha hora ás 6:30 da mañá e outra ás sete da tarde). Moi pouco útil e por suposto para nada comparable co que temos en Compostela sen ir máis lonxe (podemos apuntarnos un punto nese capítulo).
E no apartado de curiosidades, resulta que teñen eleccións locais nun mes e algo e pódense ver os letreiros da propaganda por aí. E digo "pódense" con certas reservas porque póñenos clavados no chan, diante das casas e a maioría son super pequenos como podedes ver na foto:
Este fíxome gracia. O tipo apelídase little (pequeno) e pon como slogan: "pensa grande, vota pequeno":
E isto para os fans de Barrio Sésamo; estaba nun xardín preto da casa, aínda que a foto non saíu moi clara:

segunda-feira, 27 de setembro de 2010
Que duro é o traballo!
Quizais estea a adiantarme moito e despois me acabe arrepentindo, pero de momento a cousa é de todo, menos dura. Hoxe tivemos unha conferencia dunha hora dalguén da administración educativa de Ottawa sobre o programa de mellora escolar que teñen en marcha. Así en abstracto, sen ver de momento como se leva a cabo iso nas aulas, tiña boa pinta, aínda que tendo a ser escéptico sobre estas cousas. Por exemplo, se collemos a nosa lexislación sobre o ensino, todo pinta moi ben. A práctica é algo ben distinto. Con todo, se fan todo o que din no tema da atención á diversidade, temos moito que aprender.
Despois da charla esta, leváronnos en bus a facer un percorrido con guía polos puntos de interese da cidade. Por exemplo, este son eu, esta mañá, no lado "escuro" (quebequés), co río Ottawa e os edificios do Parlamento ao fondo.
Despois do paseo fomos comer a un restaurante do máis selecto chamado Social. A comida era con directivos dos centros aos que imos ir (principals e vice-principals). Do meu non puido vir ninguén, pero estiven falando co vice doutro un pouco de todo: dende o currículo á organización do centro, o traballo dos profes e todo o tema, de novo, da atención á diversidade. E si parece que temos moito que aprender.
Para rematar a xornada e como estaba chovendo, acabamos todo o grupo, cada un polo seu lado e un pouco sen querer, nunha librería enorme que hai downtown (no centro) chamada Chapters. Aí xa foi cando o freak que son acabou tomando o control e caeron uns cómics e libros de Star Trek e Stargate. Sen máis comentarios.
E esta é a rúa na que vivo:

domingo, 26 de setembro de 2010
Fin de semana
Alá vai a primeira fin de semana no país. Onte sábado non puiden colgar nada porque fallou a wifi na casa toda a noite, polo que agora vaivos tocar dobre sesión.
Como xa anunciara, onte fomos ao parque de Gatineau, na outra beira do río Ottawa, en bus. Alí fomos facer unha rutiña cruzando unha parte moi pequena do parque (uns 12 km, ida e volta). O parque é enorme e estase a poñer moi bonito coa chegada do outono. As árbores comezan a cambiar de cor, unhas máis cedo e outras máis tarde co que hai moita variedade de tonalidades. Dinnos que nunha semana ou así aínda se vai poñer máis chulo. A seguir un servidor case ao comezo da ruta:
Chegamos ata un dos lagos do parque, o Pink Lake ou Lac Pink (ao fin e ao cabo está en Québec e alí está todo en francés).
Comemos no lago, voltamos a Ottawa e marchamos tomarlle unha cañas ao zona do Market, que está chea de pubs, bares e tendas. Isto é o que vendían nunha desas tendas (para Halloween):
E como estabamos todos rendidos, marchamos para casa sobre as sete. Eu recoñezo que ás nove estaba na cama e durmín unhas doce horas (entre o cansanzo de onte e o jet lag, estaba para o arrastre).
Hoxe uns cantos dos de onte quedamos outra vez, a unha hora un pouco máis razoable; ás once un domingo é boa hora para quedar. O que non foi normal foi quedar onte ás nove!!! e ter que erguerme ás sete e media... un sábado!!! A ver se non se repite.
Volvendo ao día de hoxe, fomos ao museo de historia natural e a pena foi que só quedaramos unha hora e media. A min só me deu tempo a ver unha sá, a dos fósiles e dinosauros (impresive!). Está claro que teño que volver (un xoves á tarde que é gratis).
Despois fomos comer e a dar unha volta pola beira do Canal Rideau (que faremos en bici nun par de semanas)
e acabamos na entrada da Galería Nacional de arte, facendo fotos (típicas) debaixo dunha escultura dunha araña xigante (como a que hai no Guggenheim).
Por último voltei a casa, ceei coa familia e despois veu buscarme a miña anfitriona "refinitiva". Home at last! (ou por fin estou na casa!). Xa coñecín o can e a casa e desfixen as maletas. E por certo, Michael Moore tiña razón: os canadianos non pechan a porta da casa, polo menos a miña caseira non o fai. Díxome que se, excepcionalmente a porta principal estaba pechada (o cal parece ser que non ocorre nunca), a traseira sempre está aberta (para que se precisan as chaves daquela!). En fin, está claro que se non me rouban ou secuestran mentres durmo, non será porque non lles estean dando facilidades.

sexta-feira, 24 de setembro de 2010
Situándome
Hoxe comezamos o couso este do programa educativo. Pero con calma. Tivemos primeiro unha sesión orientativa, na que nos deron o programa de actividades; estaremos con obradoiros ata o mércores e o xoves comezamos nos institutos. Despois leváronnos de visita ao Parlamento federal (que eu xa vira hai 5 anos) e xa non dou tempo a máis nada. Agora xa estou na casa escribindo isto e esperando que regrese a familia para cear. Mañá quedamos a maioría do grupo para ir pasar o día a un parque grande que hai do outro lado do río, en Gatineau, no lado quebequés (por aquí algún dos nativos referiuse a esa parte como "o lado escuro", eses franceses...)
A ver se coa visita de mañá xa teño algunha fotiño que colgar.

quinta-feira, 23 de setembro de 2010
Viaxando
Pois iso, visto o éxito (é un dicir) do blog de Perú do pasado verán, aquí estou disposto a intentalo de novo, esta vez no norte do continente americano. Tembla Canadá!
Hoxe, 23 de setembro, pasei (pasamos os 30 que somos) o día enteiro viaxando. Saín de Compostela ás oito e cuarto da mañá e cheguei á casa en Ottawa case as catro da madrugada (Compos-Vigo-París-Montreal-Ottawa). O bo da historia é que finalmente tiña casa onde quedar e non tiven que durmir debaixo dunha ponte. A señora que me ía acoller tivo que saír da cidade (espero que non porque chegara eu) e non volta ata o domingo á noite. Co cal acolleume a responsable do programa de familias aquí en Ottawa e vou pasar as próximas tres noites na súa casa; ten marido, un neno e unha nena pequenos (5 e 3 anos) que aínda non coñecín e un número de momento descoñecido (superior a 1) de gatos. E mañá xa me leva en coche á primeira reunión.
Por certo que xa teño localiza a piscina máis próxima e espero estrenala esta fin de semana. Máis nada polo de agora. Intentarei facer os próximos posts máis entretidos, pero neste momento o meu cerebro o que pide é durmir.

Subscrever:
Mensagens (Atom)