quinta-feira, 23 de setembro de 2010

Viaxando

Pois iso, visto o éxito (é un dicir) do blog de Perú do pasado verán, aquí estou disposto a intentalo de novo, esta vez no norte do continente americano. Tembla Canadá!
Hoxe, 23 de setembro, pasei (pasamos os 30 que somos) o día enteiro viaxando. Saín de Compostela ás oito e cuarto da mañá e cheguei á casa en Ottawa case as catro da madrugada (Compos-Vigo-París-Montreal-Ottawa). O bo da historia é que finalmente tiña casa onde quedar e non tiven que durmir debaixo dunha ponte. A señora que me ía acoller tivo que saír da cidade (espero que non porque chegara eu) e non volta ata o domingo á noite. Co cal acolleume a responsable do programa de familias aquí en Ottawa e vou pasar as próximas tres noites na súa casa; ten marido, un neno e unha nena pequenos (5 e 3 anos) que aínda non coñecín e un número de momento descoñecido (superior a 1) de gatos. E mañá xa me leva en coche á primeira reunión.
Por certo que xa teño localiza a piscina máis próxima e espero estrenala esta fin de semana. Máis nada polo de agora. Intentarei facer os próximos posts máis entretidos, pero neste momento o meu cerebro o que pide é durmir.

2 comentários:

  1. Confiamos en ti Suso!!
    Intenta non facelos deprimentes, como certo pioneiro que estivo por aí hai uns anos...
    Por certo o fondo que elixiches non será a túa casa ¿non?

    ResponderEliminar
  2. Me alegro que ya estés en destino. Lamento no haber podido quedar para vernos antes de tu viaje, pero como el tiempo corre que se las pela, cuando nos demos cuenta estarás aquí de regreso. Cuelga fotos para que podamos verte. Te queremos.

    ResponderEliminar