domingo, 26 de setembro de 2010

Fin de semana

Alá vai a primeira fin de semana no país. Onte sábado non puiden colgar nada porque fallou a wifi na casa toda a noite, polo que agora vaivos tocar dobre sesión.
Como xa anunciara, onte fomos ao parque de Gatineau, na outra beira do río Ottawa, en bus. Alí fomos facer unha rutiña cruzando unha parte moi pequena do parque (uns 12 km, ida e volta). O parque é enorme e estase a poñer moi bonito coa chegada do outono. As árbores comezan a cambiar de cor, unhas máis cedo e outras máis tarde co que hai moita variedade de tonalidades. Dinnos que nunha semana ou así aínda se vai poñer máis chulo. A seguir un servidor case ao comezo da ruta:

Chegamos ata un dos lagos do parque, o Pink Lake ou Lac Pink (ao fin e ao cabo está en Québec e alí está todo en francés).


Comemos no lago, voltamos a Ottawa e marchamos tomarlle unha cañas ao zona do Market, que está chea de pubs, bares e tendas. Isto é o que vendían nunha desas tendas (para Halloween):

E como estabamos todos rendidos, marchamos para casa sobre as sete. Eu recoñezo que ás nove estaba na cama e durmín unhas doce horas (entre o cansanzo de onte e o jet lag, estaba para o arrastre).

Hoxe uns cantos dos de onte quedamos outra vez, a unha hora un pouco máis razoable; ás once un domingo é boa hora para quedar. O que non foi normal foi quedar onte ás nove!!! e ter que erguerme ás sete e media... un sábado!!! A ver se non se repite.
Volvendo ao día de hoxe, fomos ao museo de historia natural e a pena foi que só quedaramos unha hora e media. A min só me deu tempo a ver unha sá, a dos fósiles e dinosauros (impresive!). Está claro que teño que volver (un xoves á tarde que é gratis).
Despois fomos comer e a dar unha volta pola beira do Canal Rideau (que faremos en bici nun par de semanas)

e acabamos na entrada da Galería Nacional de arte, facendo fotos (típicas) debaixo dunha escultura dunha araña xigante (como a que hai no Guggenheim).
Por último voltei a casa, ceei coa familia e despois veu buscarme a miña anfitriona "refinitiva". Home at last! (ou por fin estou na casa!). Xa coñecín o can e a casa e desfixen as maletas. E por certo, Michael Moore tiña razón: os canadianos non pechan a porta da casa, polo menos a miña caseira non o fai. Díxome que se, excepcionalmente a porta principal estaba pechada (o cal parece ser que non ocorre nunca), a traseira sempre está aberta (para que se precisan as chaves daquela!). En fin, está claro que se non me rouban ou secuestran mentres durmo, non será porque non lles estean dando facilidades.

Sem comentários:

Enviar um comentário