quarta-feira, 29 de setembro de 2010

The Canadian way of life (I)

Vamos cunhas primeiras impresións do día a día neste país:
- O primeiro ao que costa afacerse son os horarios: comemos ás doce e media (un sandwich e no traballo!) e ceamos na casa ás seis e media da tarde bastante máis contundentemente.
- O sistema de transporte público é moi bo. Hai buses a casi todos os lados e bastante frecuentemente. A nós déronnos un pase para todo o mes que che permite ir en todos e nalgúns non tes nin que ensinarllo ao conductor. Nos buses grandes, con moitos viaxeiros podes entrar por atrás e ninguén che pide nada. Non podo imaxinar este sistema funcionando alá; a metade do persoal acabaríase colando.
- Ademais todo o mundo vai calado nos buses. De feito o sábado á mañá cando subín a un bus para encontrarme co resto do grupo, todo o mundo ía calado menos un grupiño no medio: resultaron tres do meu grupo que ían no mesmo bus.
- Eufemismos. Hoxe tivemos unha clase dedicada exclusivamente ás cousas que podes ou non dicir directamente. Por exemplo, como profes non podemos dicirlle a un alumno: Cala! senón que hai que pedirlle que deixe de molestar; non podes dicirlle que fixo algo mal, senón que ten que intentar facelo mellor. E fóra da aula, non lle podes dicir a alguén que está gordo ou que alguén é vello; hai que usar todo tipo de substitutos desas palabras. It's just crazy!

Sem comentários:

Enviar um comentário