O segundo día de Kingston foi algo raro. Pasamos moito tempo conducindo e vendo realmente moi pouco. Primeiro porque á mañá Fort Henry (unha fortificación de 1838 con vistas á fronteira ianqui) estaba pechado e despois porque baixamos moito pola beira do río (aínda que había boas vistas do lago) e tivemos que facer un carro de quilómetros para volver a Ottawa e boa parte deles xa de noite. Ademais perdemos de vista no regreso aos do outro coche e a esta hora que xa estou na casa, metido da cama e a piques de arrancar a durmir, non sei aínda se chegaron (espero que si) ou mellor dito, a que hora chegaron. Nós ás nove menos dez deixamos o coche de aluguer (tremendo Ford Escape, mirade
unha foto de internet del) no parquin da axencia e eu puiden coller de seguido un bus para casa. Ás dez xa estaba á mesa e ceando.
Unha cousa curiosa foi que, mentres baixabamos pola beira do río, acabouse a estrada e tivemos que coller un ferry. Ou para ser máis precisos, tivemos que meter o coche nun ferry para pasar a unha illa. Non foron máis aló de 5 minutos de travesía, pero para min foi toda unha novidade.
E hoxe si que podo subir
fotos:
Isto é dende fóra do Fort Henry (atención ao detalle macabro do fondo!):
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhjqKKJa0lq7P42nfMxSHd-IRhGZMr12vx7rZINwZG7nPXDZvckGXyufw5_zeE1PTdd6CVZqR61yg-dmD37DXuzVz5qtS_pRhWSjbtIqVmWjvHrdnNJ4ov7a1E_SlOV6SFlA6aIXzgBe0g/s400/03102010144.jpg)
En Kingston tamén hai unha academia de enxeñeiros militares. Este tanque Leopard está na porta:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi1i0EryJIWjYDLKA7wo6Bbyu69nQ-6d-xlsV4t5GxUlry68Exw7vM4BT_HLrg4mqnEiTZG275TwiwCSdyzvRar2gcRsNjh8fLJHk66posB_19rOtmf_4B4leMgYpXeDbE9MSwP_6gjl5E/s400/03102010149.jpg)
A que parece unha imaxe doutra época? Só faltan Bonnie e Clyde ou Al Capone:
Pues si que es chulo el 4x4. Cuando regreses te lo traes para ti y a mi me traes el de la foto de arriba, que para Al Capone ya estoy yo.jejeje
ResponderEliminarBesos