Entre onte e hoxe non fixemos máis que despedirnos. Onte no instituto, especialmente da profe de español e contacto noso alí, que nos tratou excelentemente en todo momento. Pola noite fomos ao teatro a ver Romeo e Xulieta coa Compañía Nacional aquí do Canadá e foi duro seguir os diálogos, pero a min gustoume moito.
E hoxe tivemos a despedida coa xente do School Board, cunha barbacoa en casa dunha delas. A verdade é que tivo valor porque meteu na casa os trinta galegos máis uns cantos de Castela-A Mancha que tamén andan por aquí pululando, máis compañeiros de traballo e os pais dela. Menos mal que tiña moita leira arredor da casa porque dentro aquilo parecía o camarote dos irmáns Marx.
Tivemos a típica barbacoa con hamburgesas, cervexa e mashmallows espetados nun pau e tostados no lume. Cantamos, algúns bailaron, fixemos o pallaso e en xeral demostramos que, coma sempre, os galegos non precisamos moito para montar unha ben boa, a diferenza dos nosos queridos pero moi tranquilos anfitrións do Canadá (ou dos nosos compañeiros de profesión castelán-manchegos).
Agora acabo de rematar de atascar a maleta coa roupa, esperando non pasarme do peso máximo. Mañá dareille outro repaso antes de marchar e cruzarei os dedos. E espero que os que leades isto tamén os teñades cruzados porque coa folga en Francia non teño nada claro que vaiamos chegar a Vigo á hora prevista.
E máis nada. Creo que con isto remato este blog. Espero vervos a todos en persoa nun par de días. Pero estade atentos porque parece que lle estou collendo o gusto a isto do posteo e quen sabe por onde vou atacar a próxima vez...
Pois que teñades moi boa viaxe, que non teñades ningún deses problemas previsible pola folga e xa nos veremos en breve, e contarás máis da túa vida en Canadá en vivo e en directo. Ou senon, coma dis ti, se quedas en Francia podes facer outro novo blog "susonoaeroportodeparis", ou incluso, xa que lle tes tan pillado o punto, pois a partir de agora relacionaste a través de blogs, pero lembra que pode que perdas o teu nivel de pandereteiro, de bo bailador ou incluso a túa capacidade de tomar unha cervexa cos amigos, asi que ... ti verás se che conven engancharte ó posteo ou non.
ResponderEliminarAta pronto e o dito, boa viaxe e non chores moito ó despedirte da vida tan boa que aí levaches.
Esperamos ansiosos a volta do noso querido Presidente. Tranquilo, mentras que estiveches en Canadá non houbo golpe de estado.
ResponderEliminarSe quedas en París, tráeme un neno deses, e así afórraslle a viaxe á cegoña,jajaja
Boa viaxe, e xa me contarás á volta os detalles...