
Hoxe tivemos a excursión en bus a Montreal e foi sobre todo iso, bus. Tivemos que erguernos moi cedo, pero son dúas horas ida e outras dúas voltas. Que destacaría da visita? A catedral de Notre Dame (que eu xa vira a outra vez que estiven en Canadá), o paseo polo Old Montreal e, sobre todo a comida nunha especie de restaurante xudeu, o Schwartz's. Comemos o típico do local: carne afumada, que sabía parecido ao lacón, de feito estaba cortada en lonchas, aínda que era carne de vaca.
Por certo, o da foto é en realidade unha estatua que fixo alguén (non me preguntedes quen) en 1970 e que está colocada no Old Montreal, ao lado dun Botero. Non sei por que, pero pareceume que esta quedaba mellor na foto.
Que bonitooo...
ResponderEliminarHai unha igual en Niu Yors. En Montreal son os amos do pastiche (véxase a outra catedral, ou a estatua de Nelson) pero neste caso creo que o "alguén" de marras fixo unha chea delas.
Do lado dun Botero sairías estilizado e máis guapo aínda se cabe.
Tesme super impresionada coa túa vida aí: ti de "embaixador" de España, esa foto tan romántica coa escultura de LOVE, a túa usurpación do profesorado(ben merecida e polo que se ve mellorando moito a situación)...
ResponderEliminar